Desde que se descubriron os primeiros exoplanetas (os corpos celestes que orbitan alrededor dunha estrela que non é o Sol) en 1995, astrónomos en todo o mundo estiveron a buscar eses elusivos planetas como a Terra que poderían albergar vida.
A cantidade que descubriron é asombrosa. Ata o momento, confirmaron a existencia de cerca de 1.800 planetas orbitando arredor de estrelas na nosa galaxia.Entre eles, hai algúns de superficie rochosa ubicados na máxica zona na que a auga pode permanecer en estado líquido e na que pode desenvolverse a vida; a os científicos non lles sorprende que estes planetas existan. Pero, o que si os ten intrigados é o feito de que moitos de eles parecen romper con todas as reglas da física.
Proximidade imposible
A 200 anos luz da Terra hai un mundo chamado Kepler 16b con dous soles; tamén está Kepler 78b, un planeta rochoso dun tameño similar a Terra que están tan cerca da súa estrela que completa unha órbita en 8 hora e media.
Pero os máis sorprendentes de todos son os chamados "Xúpiter quente", unhas bolas xigantes de gas que orbitan extremadamente cerca da súa estrela.
Watson, o igual que a maioría dentro da comunidade astronómica, quedou sorprendido cando os descubriu; non deberían porque é imposible que se formasen tan cerca da súa estrela.
A conclusión a que chegou Watson e os seus colegas é que os planetas se formaron máis lexos e logo migrarían hacia onde están agora, é dicir, cambiaron a súa órbita.
A idea de que os planetas poden cambiar a órbita para acercarse ou alexarse da súa estrela revolucionou a astronomía dunha maneira que non ocurría desde os tempos de Copérnico e Galileo. Esto fixo que astrónomos como Kevin Walsh, do Instituto de Investigación do Suroeste, en Colorado, Estados Unidos, puxeran en duda todo sobre o nacemento e a evolución do noso Sistema Solar.Balbordo cósmico
Desde que se descubriu a migración dos exoplanetas, científicos propuxeron novos modelos para a formación do noso Sistema Solar.
Suxiren que, lexos de ser un sistema estable de órbitas fixas, atravesou un período de caos no que Xúpiter era o planeta dominante, ata convertirse no sistema estable que vemos hoxe en día. En opinión de Walsh, Xúpiter puido facer un viaxe salvaxe a través do Sistema Solar, xerando caos, freando o crecemento de Marte e removendo todo o seu paso.
En conclusión, o noso planeta (a Terra), para a nosa sorte está ubicada nun lugar perfecto para dar lugar a vida; así que tivo a sorte de sobrevivir.
Enlace a noticia: BBC
Espero que esta noticia sexa moi interesante e que vos guste!