xoves, 13 de febreiro de 2014

Derrame cerebral: moito peor nas mulleres

Un estudio indica que as mulleres teñen peor calidade de vida cos homes despois de sufrir un derrame cerebral.
A investigación estadounidense, publicada na revista Neurology, estudou a saúde mental e física de 1.370 pacientes ós tres meses e un ano despois de haber sufrido un derrame cerebral.
As mulleres presentaron maior depresión e ansiedade, dor e malestar. Tamén unha mobilidade máis limitada.
A calidade de vida calcúlase mediante unha fórmula que evalúa a movilidade, o cuidado persoal, as actividades cotidias, a depresión ou ansiedade e a dor.
Os expertos de Reino Unido dín que as mulleres tenden a padecer accidentes cardiovasculares a maior idade que os homes. E que por iso poden necesitar maior coidado.
O estudo tamén señala que grazas ás melloras nos tratamentos e a prevención, máis persoas sobreviven na actualidade a un derrame cerebral, que quenes o sufrían fai 10 anos.

Para leer toda a noticia: BBC

martes, 11 de febreiro de 2014

A estrela máis antiga, dá pistas sobre o orixe do Universo

No rastreo dos orixes do Universo, un grupo de científicos da Universidade Nacional de Australia (ANU), encontrouse coa estrela máis antiga observada ata agora (formaríase un pouco despois do Big Bang) fai 13.600 millóns de anos.
Este tema non é só un asunto de idade, se non que tamén é un tema de química.
Según Stefan Keller (o líder da investigación na ANU), o estudo da pegada química desta antiga estrela, chamada SMSS 0313-6708, permítelles ós científicos ter unha idea máis clara de como foi o universo na súa "infancia".
Esta estrela foi detectada usando o telescopio SkyMapper (ubicado no observatoio de Siding Spring, en Australia). Unha das revelacións que deu a observación desta antiga estrela foi o seu tamaño e a súa composición en relación co Sol.
O resultado destas observación podrían resolver as discrepancias de longa data entre as observacións e as predicións acerca do Big Bang.

Para leer a noticia enteira: BBC.

Neutrinos masivos resolven unha incógnita cosmolóxica

Os investigadores miden por primeira vez con precisión estas escurridizas partículas e dín que teñen cinco veces máis de masa do que se creía, o que explicaría algún enigma do Universo.
O pasado mes de novembro, un inmenso detector enterrado no xeo da Antártida lograba rexistrar por primeira vez neutrinos de alta enerxía de orixen extraterrestre. Tratabase de todo un logro, xa que non ten masa e apenas interaccionan coa materias, polo que son moi difíciles de detectar. Por primeira vez, un grupo de científicos británicos foron capaces de medir con precisión a masa desta escurridiza partícula elemental e, para a súa sorpresa, descubriron que é cinco veces maior do que se estimaba ata agora.
Os resultados axudan a resolver importantes contradiccións do actual modelo estándar da cosmoloxía.

Se queredes leer toda a noticia aquí vos deixo o enlace: ABC.

xoves, 6 de febreiro de 2014

Radiografía da mortalidade


Nesta noticia, que nos mandou leer a nosa profesora de CCMC; tratan un tema bastante importante. Ese tema é o aumento da mortalidade en España.

Según a noticia, en España, a mortalidade aumentou; mentres que no ano 2010 disminuíra a mortalidade ata os 829 por 100.000 habitantes; nos anos 2011-2012 a mortalidade foi aumentando. Ese aumento da mortalidade non se debe a unha epidemia, nin a unha ola de calor, nin a unha gripe especialmente preocupante.
Dar unha explicación a este aumento da mortalidade non é tarea fácil.
A primeira explicación de Ildefonso Hernández (membro da Asociación Española de Epidemiología) é que se debe ó paulatino e crecente envellecemento da poboación. Desde o comenzo da crisis o cambio da pirámide poblacional acentuouse pola saída de estranxeiros, un grupo xoven de poboación máis xoven e que soen ter máis rapaces.


Se vos interesa a noticia aquí vos deixo o enlace: El Pais

martes, 4 de febreiro de 2014

A supernova 2014J no seu máximo esplendor

Esta supernova morreu fai 12 millóns de anos, pero a luz do violento final dunha estrela recén, agora acércase á Terra. O domingo 2 de febreiro alcanzou o seu máximo esplendor.  
O espectáculo que ofrece no ceo a supernova 2014J, descuberta o pasado 21 de xaneiro, tiña a varios astrónomos profesionais e aficionados de todo o mundo alborotados, posto que era unha rara oportunidade de observar a explosión dunha estrela nunha galaxia cercana.
O luminoso evento foi avistado na Galaxia do Cogarro o Messier 82 (M82), unha galaxia que se consdera "veciña" (a uns 12 millóns de anos luz), e que é unha das preferidas polos amantes da observación estelar porque ten un activo centro de formación masiva de estrelas, tal como reporta a revista especializada Sky&Telescope.
Steve Fossey (astrónomo e profesor de University College London (UCL) en Reino Unido), descubriuna cando estaba observando a M82 xunto a un grupo de estudantes e cun modesto telescopio de 35 cm.

Para leer toda a noticia ir a BBC.

martes, 28 de xaneiro de 2014

Descubren un río de hidróxeno

Un débil filamento de gas diríxese hacía a cercana galaxia NGC 6946 e pode axudar a explicar a formación das estrelas.
Astrónomos da estadounidense Universidade de West Virginia descubríron unha especie de río de hidróxeno nunca antes visto que flúe a través do espacio. Este filamento de gas moi débil diríxese hacia a cercana galaxia NGC 6946 e pode axudar a explicar como algunhas galaxias espirais manteñen o seu ritmo constante de formación de estrelas.
As galaxias espirais (como a Vía Láctea), teñen un ritmo tranquilo pero constante de formación de estrelas. Outras como a NGC 6946 ( a 22 millóns de anos luz da Terra, na fronteira das constelacións Cepheus e Cygnus) son moito máis activos. Esto plantea a cuestión do que impulsa a formación sostida de estrelas na nosa galaxia e outras similares.


Neste enlace pódese mirar a noticia enteira: ABC.

Holaa de novoooo!!!

Hola de novo a todos!! 

Esta é a primeira entrada deste ano. Nesta entrada non vou a poñer ningunha noticia xa que só é unha entrada para darvos un saúdo a todos!! 
Espero que sigades visitando o meu blog e que as noticias que vos poña vos gusten e vos parezcan interesantes.