venres, 28 de marzo de 2014

Implantan un cráneo elaborado cunha impresora 3D a unha holandesa de 22 anos

Unha xoven holandesa foi a primeira paciente á que lle implantaron un cráneo 3D no Hospital Universitario de Utrecht.
A paciente, estaba afectada por unha enfermidade dos osos que lle facía aumentar o tamaño do cráneo; a muller, non tiña outra alternativa porque a presión do oso sobre o cerebro acabaria coa súa vida.
Os síntomas que padecía eran problemas coa vista e fortes dores de cabeza. Grazas a esta operación eses problemas desapareceron por completo; a tecnoloxía 3D, permite reproducións exactas, por iso foi posible implantar o cráneo enteiro.
Agora a paciente pode facer vida normal sen controis exhastivos, entre outras cousas porque o implante craneal ten un carácter permanente. As medidas da caixa craneal foron tomadas por un escáner de tres dimensións e esa información foi pasada á impresora 3D, que reproduciu o cráneo da muller. A impresora usou "plástico normal e corrente", ese plástico é moi duro.
Ata a fecha, os implantes de cráneo viñanse realizando de maneira parcial e con materiais como o titanio. Según o ciruxano que operou a esta holandesa: "todas as reparacións de cráneo deixan de ter fronteiras".


Para leer a noticia enteira en: LaSexta.

Fabrican un cromosoma sintético nunha célula de levadura


É a primeira vez que se logra producir ADN nunha célula complexa.
Este descubrimento abre a porta á posibilidade de producir alimentos, fármacos e biocombustibles con xens artificias que realizarían funcións programadas polo ser humano.
Boeke (que acaba de cambiar o seu posto na Jonhs Hopkins pola dirección do Centro Médico Langone da Universidade de Nova York) e Chandrasegaran acaban de crear o primeiro cromosoma complexo fabricado desde cero no laboratorio e demostraron que cumple as mesmas funcións que un natural e que non interfire na vida normal da levadura do pan (que usaron como modelo). O traballo foi publicado na revista "Science", este descubrimento abre a porta ó diseño do microorganismos capaces de producir biocombustibles, vacunas e máis compostos usados pola industria química.

A gran aportación de Jef Boeke é precisamente que "o seu" cromosoma difire en gran medida o que a Selección Natural tallou durante todo este tempo. 



Para leer toda a noticia: ElMundo.