É a primeira vez que se logra producir ADN nunha célula complexa.
Este descubrimento abre a porta á posibilidade de producir alimentos, fármacos e biocombustibles con xens artificias que realizarían funcións programadas polo ser humano.
Boeke (que acaba de cambiar o seu posto na Jonhs Hopkins pola dirección do Centro Médico Langone da Universidade de Nova York) e Chandrasegaran acaban de crear o primeiro cromosoma complexo fabricado desde cero no laboratorio e demostraron que cumple as mesmas funcións que un natural e que non interfire na vida normal da levadura do pan (que usaron como modelo). O traballo foi publicado na revista "Science", este descubrimento abre a porta ó diseño do microorganismos capaces de producir biocombustibles, vacunas e máis compostos usados pola industria química.
A gran aportación de Jef Boeke é precisamente que "o seu" cromosoma difire en gran medida o que a Selección Natural tallou durante todo este tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario