O mundo é adicto ós hidrocarburos e non é dificil saber por que: baratos, abundantes e faciles de extraer.
Os hidrocarburos, representan unha gran fonte de enerxía para o desarrollo industrial en todo o mundo.
Pero, ten efectos colaterais que son parcialmente devastadores. A combustión de combustibles fósiles emite CO2 vinculado ó quentamento global.
Como o acceso ás reservas de petroleo, carbón e gas é cada vez máis difícil, os gobernos buscan alternativas non só para producir enerxía se non para conseguir o santo grial de todos os estados soberanos: a independencia enerxética.
Algúns descubriron un potencial salvador encerrado baixo profundos leitos mariños e extensas franxas de
permaxeo. Ese material é un hidrocarburo, pero diferente a todos os que coñecemos.
Os hidratos de metano preséntanse como cristais de xeo con gas metano natural encapsulado no seu interior.
Fórmanse por unha combinación de baixas temperaturas e alta presión. Estes cristais atópanse principalmente nos bordes das plataformas continentais onde o leito mariño se precipita abruptamente hacia o profundo chan oceánico.
Para leer toda a noticia:
BBC