mércores, 30 de abril de 2014

Un lugar onde se libra unha batalla contra a malaria

O noso mellor fármaco para combater a malaria, está perdendo a súa efectividade nunha pequena rexión do sudeste asiático. 

O que suceda a continuación será decisivo para o destino de millóns de persoas.


Nosten é un experto francés en malaria a nivel mundial.
En Hka Naw Tah (hai aproximadamente 400 habitantes), é onde está Nosten para erradicar completamente a malaria deste rincón do planeta. 
A malaria está causada por uns parásitos unicelulares chamado Plasmodium. Estes parásitos propáganse entre a xente a través da picadura de mosquito. Primeiro invaden o fígado e logo os glóbulos vermellos.
Os primeiros síntomas son xenéricos e parecidos á influenza: febre, dores de cabeza, sudor, escalofríos e vómitos. Neste punto, o sistema inmunolóxico xeralemente pon fin á infección.
Sen embargo, se os parásitos se propagan polos riñóns, pulmóns e o cerebro, as cousas empezan a ir mal con rapidez. Os órganos comezan a fallar e os glóbulos vermellos taponan os vasos sanguíneos do cerebro, privando o cerebro de osíxeno e desencadeando ataques, pérdidas do coñecemento e a morte.
Cando Nosten chegou por primeira vez ó sudeste asiático (fai casi 30 anos), a malaria era a principal causa de morte da rexión. Pero a artemisina cambiouno todo.
Esta droga sorprendentemente veloz e eficaz chegou a escena en 1994, cando se estaban agotando as opcións para tratar a malaria.
Sen embargo, Nosten non ten tempo para celebracións. A artemisina solía eliminar o P. falciparum nun día; agora, fan falta varios días. Este parásito está xenereando resistencia. 
Durante décadas atacamos a malaria cunha nova droga e, agora ela estanos contraatacando cunha resposta evolutiva.
Toda a noticia podedela leer aquí: BBC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario