venres, 4 de outubro de 2013

Eratóstenes

(276- 194 a. C)
Foi un matemático, astrónomo, e xeógrafo grego.
Desde o 236 a. C dirixiu a Biblioteca de Alexandría a petición do faraón Ptolomeo III.
Inventou a esfera armilar, que se empregou ata o século XVI, e coa que determinou a oblicuidade da eclíptica. Tamén determinou que o intervalo entre os trópicos eran os 11/83 da circunferencia enteira, o que resultaba para esa oblicuidade 23º 51' 19", cifra que posteriormente adoptaría Ptolomeo.
Por último foi o inventor da xeografía científica.












Esfera armilar.











Arquímedes

(287- 212 a. C)
Foi un científico, matemático, físico e inventor grego. Foi o matemático máis importante da Antigüidade.
Creou un método para calcular o número pi.
Cría que nada do que existe é tan grande que non poida ser medido. Tamén perfeccionou o sistema grego de enumeración, creando unha notación cómoda para os números máis grandes (semellante o actual sistema de exponencial).
Creou a rosca sen fin, a roda dentada, a roldana móbil e a panca. Entre as frases que se lle atribúen está: "Dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo".
En física, estableceu as leis fundamentais da estática e da hidrostática. Un dos principios fundamentais da hidrostática enúnciase así: "Todo corpo mergullado total ou parcialmente nun fluído sofre un empuxe vertical, dirixido de baixo para riba, igual ó peso do volume do fluído desaloxado, e aplicado no centro de empuxe". Arquímedes o conseguir resolver este problema mentres se bañaba saíu nu á rúa e gritou: Eureka! (Encontreino!).





Rosca sen fin.

Aristarco de Samos

(310- 230 a. C)
Foi un astrónomo e matemático grego.
É a primeira persoa que se coñezca, que propón o modelo heliocéntrico do sistema solar, colocando o Sol, e non a Terra, no centro do Universo.
Por último foi un dos moitos sabios que fixo uso da emblemática Biblioteca de Alexandría, na que se reunían as mentes máis privilexiadas do mundo clásico.


















Teoría heliocéntrica de Aristarco de Samos.

Euclides


(325- 265 a. C)
Foi un profesor, matemático platónico e escritor, criador da famosa xeometría euclidiana. Só nos tempos modernos puideron ser construídos modelos de xeometrías non- euclidianas.
E o autor máis importante de matemáticas da Antigüidade grecorromana e tal vez de todos os tempos, co seu monumental Stoichia (Os elementos 300 a. C). En libro fixo unha obra de trece volumes, sendo cinco sobre xeometría plana, tres sobre números, un sobre a teoría das proporcións, un sobre inconmesurábeis e os tres últimos sobre xeometría no espazo (esta obra está escrita en grego e cubría toda a aritmética, álxebra e xeometría coñecidas daquela no mundo grego).
Por último despois da súa primeira edición foi copiado e recopiadoinnúmera veces e, traducido o árabe. Fíxose o texto científico máis importante de todos os tempos e un con maior número de publicacións ó longo da historia. 

martes, 1 de outubro de 2013

Tycho Brahe

(Castelo de Knudstrup, 14 de decembro de 1546- Praga, 24 de outubro de 1601).
Foi un astrónomo danés, considerado o máis grande observador do ceo no período anterior á invención do telescopio.
Os instrumentos diseñados por el permitíronlle medir as posicións das estrelas e os planetas cunha precisión moi superior á da época.
Brahe pensaba que o progreso en astronomía non podía conseguirse pola observación ocasional e investigacións puntuais, senon que se necesitaban medidas sistemáticas, usando os instrumentos máis precisos posibles.
Posteriormente as leis de Brahe, serviron de base para á lei da gravitación universal de Newton.

Richard Feynman

(Nova York, 11 de maio de 1918- Los Ángeles, 15 de febreiro de 1988)
Foi un físico estadounidense, consederado un dos máis importantes do seu país no S.XX.
En 1965 conseguiu o Premio Nobel de Física grazas o traballo en electrodinámica cuántica (que compartiu con Julian Schwinger e Sin-Ichiro Tomonaga).
Na súa xuventude participou no desarrollo da bomba atómica (no proxecto Manhattan).
Por último investigou sobre a computación cuántica e os primeiros desarrollos en nanotecnoloxía.

Galileo Galilei

(Pisa, 15 de febreiro de 1564- Florencia, 8 de xaneiro de 1642)
Foi un astrónomo, filósofo, matemático e físico italiano que estivo relacionado directamente coa revolución científica. Mostrou interés por casi todas as ciencias e artes.
Mediante a mellora das lentes, Galileo modificou o telescopio. Eso provocou que fixera importantes descubrimentos e estudios astronómicos.
Outro logro foi a primeira lei do movemento.
Galileo empezou a investigar para poder respaldar a teoría heliocéntrica proposta por Copérnico que dicía: que todos os planetas xiran alrededor do Sol e non o revés.
Por respaldar esta teoría foi sometido a dous xuizos: no primeiro non se lle impuxo ningún castigo, polo que seguiu investigando.
En cambio no segundo xuizo (que foi o difinitivo) foi condenado a arresto domiciliario e tivo que renegar ós seus principios, pero dise que dixo en voz baixa: "Sen embargo móvese".