Foi un matemático, astrónomo, e xeógrafo grego.
Desde o 236 a. C dirixiu a Biblioteca de Alexandría a petición do faraón Ptolomeo III.
Inventou a esfera armilar, que se empregou ata o século XVI, e coa que determinou a oblicuidade da eclíptica. Tamén determinou que o intervalo entre os trópicos eran os 11/83 da circunferencia enteira, o que resultaba para esa oblicuidade 23º 51' 19", cifra que posteriormente adoptaría Ptolomeo.
Por último foi o inventor da xeografía científica.
Esfera armilar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario