venres, 4 de outubro de 2013

Hipatia

(370- 415 d. C)
Foi unha muller científica, filósofa neoplatónica e maestra, que contribuíu ó desenvolvemento das matemáticas e a astronomía da época.
O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo (moi apreciado), que parece que traballaba e daba clases na biblioteca. Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e explicoullos os seus discípulos, integrando á súa propia filla (caso insólito no século IV).
Hipatia co afán de aprender e ensinar (destacando nos campos das matemáticas e a astronomía) viaxou a Atenas e a Roma.
Foi membro e líder da escola neoplatónica de Alexandría.
Polo visto a casa de Hipatia foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todaas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario