Os expertos están preocupados porque este mal afecta xa ó 44.5% dos rapaces de 6 e 9 anos.
Según os datos do estudo Aladino realizado polo Ministerio de Sanidade fai uns anos, unicamente o 3.8% dos nenos realiza un almorzo completo e precisamente o maior porcentaxe de obesidade está entre os que non almorzan ou o facían menos de 3 veces a semana.
Os expertos consideran que o almorzo dos nenos debe incluir un lácteo, un cereal e unha fruto ou xume natural. Sin embargo, actualmente estímase que un 21.2% dos nenos toma só leite ou un producto lácteo e só o 8.8% inclúe fruta ou xume natural.
Tamén se observa unha asociación entre o sobrepeso e a comida central do día, xa que os nenos con obesidade realizaban preferentemente esta comida na súa casa (60.8%) e non no colexio.
Por eso, é recomendable consumir tres pezas de fruta ó día, incluír verduras en comid e cena, tomar legumes 2-3 veces á semana, comer cereais e peixe azul e blanco. Hai que evitar o abuso dos doces, aperitivos de bolsa, galletas, pasteis e bollería industrial, algo que máis do 70% dos nenos consume entre unha e tres veces por semana.
Este estudo tamén revelou como as horas de sono inflúe no peso dos menores, xa que os nenos con exceso de peso dedican significativamente menos horas a dormir, tanto os días laborais como os fins de semana. Entre os nenos que durmen menos de 8 horas diarias o 60% tiña sobrepeso ou obesidade.
Os expertos recomendan dormir entre 6 e 8 horas.
Toda a noticia en: La Voz de Galicia.