Gráfico da malaria no mundo. |
Un estudo presenta unha vía para bloquear a saida do "Plasmodium falciparum" da célula unha vez que entrou nos glóbulos vermellos.
O recente descubrimento dunha proteína esencial no proceso infectivo do parásito da malaria pode ser unha das pezas do puzzle que faltaban para poder deseñar unha vacuna eficaz contra esta enfermidade infecciosa. Tal e como se describe nun artículo que se publica na revista Science os investigadores do Hospital de Rhode Island (EE.UU), descubriuse a proteína imprescindible para que o parásito que causa a malaria, o Plasmodium falciparum, escape do interior dos glóbulos vermellos. Según os autores do estudio, os anticorpos dirixidos contra esta proteína atrapan o parásito dentro dos glóbulos vermellos ou hematíes, polo que podrían ser moi útiles no desarrollo dunha vacuna.
A malaria é unha enfermidade que se transmite a través da picadura dun mosquito que ataca de noite, polo que pode ser previda a través do uso de repelentes e de mosquiteiras impregnadas con insecticida.
Só no 2013 rexistráronse casos de malaria en 97 países, polo que se clacula que no mundo 3.400 millóns de persoas está en risco de contraer a enfermidade, e deles, 1.200 millóns teñen un "alto risco" de contaxio. Calcúlase que na África subsahariana e o sudeste de Asia, a enfermidade mata a un rapaz cada 15 segundos ó ano.
Para leer toda a noticia: ABC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario