Esta imaxe trátase dunha valiosísima "foto" dun Universo antigo e primitivo.
É unha galaxia fantasma. Nela fai moito tempo que non nacen novas estrelas, e as poucas que hai proceden da primeira fornada de produción estelar, moi cerca dos tempos afastados do Big Bang.
Segue 1 é un exemplar galáctico único, un auténtico fósil vivente no que a evolución clásica das demáis galaxias nunca chegou a producirse. Por eso é unha valiosísima "foto" dun Universo antigo e primitivo. Esta foto contén unha gran cantidade de secretos.
Segue 1 durme a 75.000 anos luz de nós, o que equivale ó vecindario da Vía Láctea, e suma toda unha colección de propiedades extrañas: é a galaxia máis débil xamais detectada polo home, ten unha composición química do máis peculiar, case carente por completo de elementos metálicos...
Agora, un grupo de investigadores do Massachussetts Institute of Technology (MIT), a Universidade de California e a Carnegie Institution of Science, conseguiron analizar en profundidade esa inusual composición e descubriron novas pistas sobre como evolucionaron as galaxias nas primeiras etapas do Universo. Neste caso, sobre a falta de evolución de Segue 1. A revista Astrophysical Journal esta semana dedicoulle un amplo estudo.
Según os estudos, en Segue 1 o proceso de formación estelar detívose por completo no que normalmente sería unha fase temprana do desarrollo da galaxia.
Grazas a este fracaso, Segue 1 contén información moi valiosa sobre as condicións que reinaban no Universo moi pouco tempo despois do Big Bang.
Toda a noticia podedela ler en: ABC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario