xoves, 5 de xuño de 2014

O implante dental máis antigo de Europa

O implante dental (terceiro pola esquerda) ocupaba o lugar dun incisivo superior.
No seu depósito de La Chêne (ó norte de Francia onde querían levantar vivendas), descubriron por azar catro cámaras funerarias. Nada máis abrir as tumbas, o equipo de arqueólogos que se trasladou ata o lugar do achado  encargouse de fotografiar todo ó detalle. Despois levaron os restos os seus laboratorios onde finalmente descubriron que se trataban de catro tumbas do siglo III a.C.

Fotografía realizada in situ
A medida que foron avanzando as investigacións, os expertos da Universidade de BUrdeos (Francia) desvelaron que os restos dunha das cámaras correspondían a unha xoven que morreu no ano 250 a.C. cando tiña uns 20 ou 30 anos. Ademáis, según os seus datos, todo apunta a que esta muller levaba o implante dental máis antigo que se descubriu ata agora en Europa occidental, tal e como publica a revista Antiquity.
O que acharon na excavación foron restos da xoven, brazaletes para embelecela e 32 dentes, entre eles un de metal. O investigador Seguir foi o que se deu de conta de que en lugar de 32 había 31. De feito utilizou as fotos tomadas durante a excavación para confirmar que o lugar onde debía haber un dente, en realidade o ocupaba un anaco de metal duns 2.4 centímetros de lonxitude.

Hai tres teorías:


1ª teoría: o dente puido romperse, quedando tan só a raíz por cuxo interior pasa un pequeno canal que se une ós nervios da encía. Para solventar a ausencia do dente colocouse nese canal o pequeno anaco de metal.
2ª teoría: o dente tería caído por completo, deixando así un vacío na encía que se substituíu polo anaco de metal.
3ª teoría: é a hipótese máis aceptada por Martín- Francés é que o anaco de metal se hubese introducido na mandíbula ó pouco tempo da morte da muller, xa que esta o puido perder en vida.

Gráfico da 1ª teoría
Gráfico da 2ª teoría







Gráfico da 3ª teoría
Toda a noticia en: ElMundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario