Estes planetas foron detectados pola nave Kepler, algúns de eles forman parte de sistemas solares parecidos o noso.
A misión Kepler da NASA anunciou o descubrimento dun botín planetario con nada menos que 715 novos mundos extrasolares. Estos planetas orbitan 305 estrelas, o que revela que conforman sistemas con múltiples planetas moi parecidos o noso.
Casi o 95% destos planetas son máis pequenos que Neptuno (o que ten casi catro veces o tamaño da Terra). Este descubrimento marca o aumento significativo no número de mundos de tamaño pequeno coñecidos máis similares á Terra.
Os científicos teñen unha técnica estadística que se pode aplicar a moitos planetas á vez cando se atopan ante sistemas que albergan máis dun planeta arrededor da mesma estrela.
Para verificar esta abundancia de planetas, un equipo de investigación co-dirixido por Jack Lissauer (científico planetario do Centro de Investigación Ames da NASA en Moffett Field, California), analizou as estrelas con máis dun potencial planeta, todos eles foron detectados nos dous primeiros anos de observacións de Kepler (2009- 2011).
O equipo de investigación utilizou unha técnica chamada de verificación pola multiplicidade, que se basa en parte na lóxica da probabilidade.
Para leer a noticia: ABC.