En menos dun ano, un pequeno grupo de nenos foi ingresado en centros hospitalarios de California (EE.UU.), con síntomas moi parecidos á poliomielite, pero sen esa enfermidade.
Os pacientes tiñan debilidade ou unha parálise severa que apareceu con rapidez (as veces despois de problemas respiratorios).
Os escáneres realizados á medula espiñal mostraron danos similares ós que teñen os enfermos de polio.
Algúns pequenos, deron positivo en poliomielite, cando lle fixeron un despistaxe de enterovirus.
O sucedido non pasou desapercibido por médicos en EE.UU. que se presentaron nun encontro da Academia de Neuroloxía.
Algún dos pacientes desenvolveron parálise nas catro extremidades (a pesar de ser tratados non melloraron).
Estados Unidos está libre de polio, pero hai virus parecidos que tamén poden atacar o sistema nervioso e levar á parálise. Os especialistas non esperan que haxa unha epidemia deste virus, pero estas infeccións están consideradas como raras.
A polio é unha infección da infancia perigosa e temida.
Grazas os programas de vacinación global logrouse que a polio só sexa endémica en tres países: Afganistán, Nixeria e Paquistán.
Para leer toda a noticia: BBC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario