domingo, 23 de febreiro de 2014

Unha nova «penicilina» poderá curar o 90 % dos casos de hepatites C

A combinación de tres novos fármacos que se aprobarán este ano en Europa supón unha revolución no tratamento da enfrmidade.
No ano aprobaranse en Europa tres novos fármacos contra a hepatite C cuxa combinación supón unha revolución no tratamento desta enfermidade. Esa é a razón polo que os hepatólogos da Asociación Española para o Estudo do Fígado (AEEH) piden ás autoridades españois acelerar a súa chegada.
O problema que hai con este virus é que permanece latente (os hepatólogos estiman que o 50% destes casos non están diagnosticados) e vai danando pouco a pouco o fígado ata provocar cancro.

O primeiro destes novos fármacos é o sofosvubir, que foi aprobado polas autoridades sanitarias europeas en xaneiro. E os outros dous Simeprevir e Daclatasvir obterán o visto bo en breve (son todos fármacos orais).
Este tratamento redúcese á metade (dun ano a 12 ou 24 semanas) e case sen efectos secundarios.

Para ver a noticia: La Voz de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario