martes, 25 de febreiro de 2014

O fragmento máis antigo da Terra: 4.400 millóns de anos

Imaxe: cristais de circón da rexión de Australia Occidental de fai 4.400 millóns de anos.

Este material da codia terrestre, foi achado en Australia e "só" ten 160 millóns de anos menos que o noso Sistema Solar.
Un equipo internacional de investigadores revela este domingo na revista Nature Geoscience datos que confirman que a primeira codia terrestre se formou fai polo menos 4.400 millóns de anos, "só" 160 millóns de anos despois do noso Sistema Solar.
Os achados do traballo (dirixido por John Valley, profesor de xeociencias da Universidade Wisconsin- Madison, EE.UU.), suxiren que o momento en que o noso planeta era unha bóla cuberta de lume nun océano de magma é anterior do que nos pensabamos.
Coa axuda dun pequeno fragmento de circón, extraido dun afloramento de rocha en Australia; estase a poñer máis atención a como o noso planeta se fixo habitable para a vida fai uns 4.400 millóns de anos.
O novo estudo confirma que os cristais de circón cristalizaron fai 4.400 millóns de anos. 
Valley e o seu grupo confirma agora que este é o material máis antigo coñecido formado na Terra.


Para leer toda a noticia: ABC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario