venres, 23 de maio de 2014

Atrapar o parásito nas células: unha nova vía de previr a malaria

Gráfico da malaria no mundo.

Un estudo presenta unha vía para bloquear a saida do "Plasmodium falciparum" da célula unha vez que entrou nos glóbulos vermellos.

O recente descubrimento dunha proteína esencial no proceso infectivo do parásito da malaria pode ser unha das pezas do puzzle que faltaban para poder deseñar unha vacuna eficaz contra esta enfermidade infecciosa. Tal e como se describe nun artículo que se publica na revista Science os investigadores do Hospital de Rhode Island (EE.UU), descubriuse a proteína imprescindible para que o parásito que causa a malaria, o Plasmodium falciparum, escape do interior dos glóbulos vermellos. Según os autores do estudio, os anticorpos dirixidos contra esta proteína atrapan o parásito dentro dos glóbulos vermellos ou hematíes, polo que podrían ser moi útiles no desarrollo dunha vacuna.
A malaria é unha enfermidade que se transmite a través da picadura dun mosquito que ataca de noite, polo que pode ser previda a través do uso de repelentes e de mosquiteiras impregnadas con insecticida.
Só no 2013 rexistráronse casos de malaria en 97 países, polo que se clacula que no mundo 3.400 millóns de persoas está en risco de contraer a enfermidade, e deles, 1.200 millóns teñen un "alto risco" de contaxio. Calcúlase que na África subsahariana e o sudeste de Asia, a enfermidade mata a un rapaz cada 15 segundos ó ano.

Para leer toda a noticia: ABC.

xoves, 22 de maio de 2014

Achan a receta para convertir luz en materia

Científicos en Reino Unido descubriron un método sorprendentemente directo para transformar luz en materia.

O diseño, publicado na revista especializada Nature Photonics, adapta tecnoloxía usada en investigación sobre a fusión nuclear e pode ser implementado en instalacións que xa existen en Reino Unido.
Agora varias localizacións poderían competir para convertir por primeira vez fotóns (partículas portadoras de radiación electromagnética) en positróns e electróns (partículas subatómicas concargas eléctricas positivas e negativas).
Esto pobraría unha vella teoría de fai 80 anos dos científicos Gregory Breit e John A. Wheeler, quenes pensaban que era imposible conseguir unha proba física do seu postulado.
Agora, de acordo con investigadores da universidade británica imperial College London, esa proba está ó alcance da man.
O profesor Steven Rose e o seu estudante, Oliver Pike, dixeron que se podría conseguir nun ano.
Se este experimento se fai realidade, será a última peza nun rompecabezas que comezou en 1905, cando Albert Einstein reparou o efecto fotoeléctrico co seu modelo da luz como partícula.
Pero a predicción teórica de Breit e Wheeler do oposto (que dous fotóns poden chocar xuntos e producir materia) foi difícil de observar na práctica.


Podedes leer toda a noticia en: BBC.

mércores, 7 de maio de 2014

A galaxia "fantasma" que non fabrica estrelas

Esta imaxe trátase dunha valiosísima "foto" dun Universo antigo e primitivo.



É unha galaxia fantasma. Nela fai moito tempo que non nacen novas estrelas, e as poucas que hai proceden da primeira fornada de produción estelar, moi cerca dos tempos afastados do Big Bang.

Segue 1 é un exemplar galáctico único, un auténtico fósil vivente no que a evolución clásica das demáis galaxias nunca chegou a producirse. Por eso é unha valiosísima "foto" dun Universo antigo e primitivo. Esta foto contén unha gran cantidade de secretos.
Segue 1 durme a 75.000 anos luz de nós, o que equivale ó vecindario da Vía Láctea, e suma toda unha colección de propiedades extrañas: é a galaxia máis débil xamais detectada polo home, ten unha composición química do máis peculiar, case carente por completo de elementos metálicos...
Agora, un grupo de investigadores do Massachussetts Institute of Technology (MIT), a Universidade de California e a Carnegie Institution of Science, conseguiron analizar en profundidade esa inusual composición e descubriron novas pistas sobre como evolucionaron as galaxias nas primeiras etapas do Universo. Neste caso, sobre a falta de evolución de Segue 1. A revista Astrophysical Journal esta semana dedicoulle un amplo estudo. 
Según os estudos, en Segue 1 o proceso de formación estelar detívose por completo no que normalmente sería unha fase temprana do desarrollo da galaxia.
Grazas a este fracaso, Segue 1 contén información moi valiosa sobre as condicións que reinaban no Universo moi pouco tempo despois do Big Bang.


Toda a noticia podedela ler en: ABC.

mércores, 30 de abril de 2014

Un planeta diamante

Este planeta atópase a 40 anos luz do noso planeta. O que sorprende deste planeta é que a súa superficie está cuberta dunha preciosa forma de carbono.
O planeta chámase 55 Cancri e, é unha superterra que orbita nunha estrela similar ó Sol e cuxa superficie está cuberta de grafito e diamante.
Aquí vos deixo un vídeo que explica todo o que debemos saber:

Esta noticia saqueina do seguinte enlace: ABC.

Un lugar onde se libra unha batalla contra a malaria

O noso mellor fármaco para combater a malaria, está perdendo a súa efectividade nunha pequena rexión do sudeste asiático. 

O que suceda a continuación será decisivo para o destino de millóns de persoas.


Nosten é un experto francés en malaria a nivel mundial.
En Hka Naw Tah (hai aproximadamente 400 habitantes), é onde está Nosten para erradicar completamente a malaria deste rincón do planeta. 
A malaria está causada por uns parásitos unicelulares chamado Plasmodium. Estes parásitos propáganse entre a xente a través da picadura de mosquito. Primeiro invaden o fígado e logo os glóbulos vermellos.
Os primeiros síntomas son xenéricos e parecidos á influenza: febre, dores de cabeza, sudor, escalofríos e vómitos. Neste punto, o sistema inmunolóxico xeralemente pon fin á infección.
Sen embargo, se os parásitos se propagan polos riñóns, pulmóns e o cerebro, as cousas empezan a ir mal con rapidez. Os órganos comezan a fallar e os glóbulos vermellos taponan os vasos sanguíneos do cerebro, privando o cerebro de osíxeno e desencadeando ataques, pérdidas do coñecemento e a morte.
Cando Nosten chegou por primeira vez ó sudeste asiático (fai casi 30 anos), a malaria era a principal causa de morte da rexión. Pero a artemisina cambiouno todo.
Esta droga sorprendentemente veloz e eficaz chegou a escena en 1994, cando se estaban agotando as opcións para tratar a malaria.
Sen embargo, Nosten non ten tempo para celebracións. A artemisina solía eliminar o P. falciparum nun día; agora, fan falta varios días. Este parásito está xenereando resistencia. 
Durante décadas atacamos a malaria cunha nova droga e, agora ela estanos contraatacando cunha resposta evolutiva.
Toda a noticia podedela leer aquí: BBC.

martes, 22 de abril de 2014

Hidrato de metano, a enerxía oculta no xeo

O mundo é adicto ós hidrocarburos e non é dificil saber por que: baratos, abundantes e faciles de extraer.
Os hidrocarburos, representan unha gran fonte de enerxía para o desarrollo industrial en todo o mundo.
Pero, ten efectos colaterais que son parcialmente devastadores. A combustión de combustibles fósiles emite CO2 vinculado ó quentamento global.

Como o acceso ás reservas de petroleo, carbón e gas é cada vez máis difícil, os gobernos buscan alternativas non só para producir enerxía se non para conseguir o santo grial de todos os estados soberanos: a independencia enerxética.
Algúns descubriron un potencial salvador encerrado baixo profundos leitos mariños e extensas franxas de permaxeo. Ese material é un hidrocarburo, pero diferente a todos os que coñecemos.
Os hidratos de metano preséntanse como cristais de xeo con gas metano natural encapsulado no seu interior.
Fórmanse por unha combinación de baixas temperaturas e alta presión. Estes cristais atópanse principalmente nos bordes das plataformas continentais onde o leito mariño se precipita abruptamente hacia o profundo chan oceánico.


Para leer toda a noticia: BBC

venres, 28 de marzo de 2014

Implantan un cráneo elaborado cunha impresora 3D a unha holandesa de 22 anos

Unha xoven holandesa foi a primeira paciente á que lle implantaron un cráneo 3D no Hospital Universitario de Utrecht.
A paciente, estaba afectada por unha enfermidade dos osos que lle facía aumentar o tamaño do cráneo; a muller, non tiña outra alternativa porque a presión do oso sobre o cerebro acabaria coa súa vida.
Os síntomas que padecía eran problemas coa vista e fortes dores de cabeza. Grazas a esta operación eses problemas desapareceron por completo; a tecnoloxía 3D, permite reproducións exactas, por iso foi posible implantar o cráneo enteiro.
Agora a paciente pode facer vida normal sen controis exhastivos, entre outras cousas porque o implante craneal ten un carácter permanente. As medidas da caixa craneal foron tomadas por un escáner de tres dimensións e esa información foi pasada á impresora 3D, que reproduciu o cráneo da muller. A impresora usou "plástico normal e corrente", ese plástico é moi duro.
Ata a fecha, os implantes de cráneo viñanse realizando de maneira parcial e con materiais como o titanio. Según o ciruxano que operou a esta holandesa: "todas as reparacións de cráneo deixan de ter fronteiras".


Para leer a noticia enteira en: LaSexta.