venres, 28 de marzo de 2014

Implantan un cráneo elaborado cunha impresora 3D a unha holandesa de 22 anos

Unha xoven holandesa foi a primeira paciente á que lle implantaron un cráneo 3D no Hospital Universitario de Utrecht.
A paciente, estaba afectada por unha enfermidade dos osos que lle facía aumentar o tamaño do cráneo; a muller, non tiña outra alternativa porque a presión do oso sobre o cerebro acabaria coa súa vida.
Os síntomas que padecía eran problemas coa vista e fortes dores de cabeza. Grazas a esta operación eses problemas desapareceron por completo; a tecnoloxía 3D, permite reproducións exactas, por iso foi posible implantar o cráneo enteiro.
Agora a paciente pode facer vida normal sen controis exhastivos, entre outras cousas porque o implante craneal ten un carácter permanente. As medidas da caixa craneal foron tomadas por un escáner de tres dimensións e esa información foi pasada á impresora 3D, que reproduciu o cráneo da muller. A impresora usou "plástico normal e corrente", ese plástico é moi duro.
Ata a fecha, os implantes de cráneo viñanse realizando de maneira parcial e con materiais como o titanio. Según o ciruxano que operou a esta holandesa: "todas as reparacións de cráneo deixan de ter fronteiras".


Para leer a noticia enteira en: LaSexta.

Fabrican un cromosoma sintético nunha célula de levadura


É a primeira vez que se logra producir ADN nunha célula complexa.
Este descubrimento abre a porta á posibilidade de producir alimentos, fármacos e biocombustibles con xens artificias que realizarían funcións programadas polo ser humano.
Boeke (que acaba de cambiar o seu posto na Jonhs Hopkins pola dirección do Centro Médico Langone da Universidade de Nova York) e Chandrasegaran acaban de crear o primeiro cromosoma complexo fabricado desde cero no laboratorio e demostraron que cumple as mesmas funcións que un natural e que non interfire na vida normal da levadura do pan (que usaron como modelo). O traballo foi publicado na revista "Science", este descubrimento abre a porta ó diseño do microorganismos capaces de producir biocombustibles, vacunas e máis compostos usados pola industria química.

A gran aportación de Jef Boeke é precisamente que "o seu" cromosoma difire en gran medida o que a Selección Natural tallou durante todo este tempo. 



Para leer toda a noticia: ElMundo.

xoves, 27 de febreiro de 2014

A NASA confirma o descubrimento de 715 novos planetas

Estes planetas foron detectados pola nave Kepler, algúns de eles forman parte de sistemas solares parecidos o noso.
A misión Kepler da NASA anunciou o descubrimento dun botín planetario con nada menos que 715 novos mundos extrasolares. Estos planetas orbitan 305 estrelas, o que revela que conforman sistemas con múltiples planetas moi parecidos o noso.
Casi o 95% destos planetas son máis pequenos que Neptuno (o que ten casi catro veces o tamaño da Terra). Este descubrimento marca o aumento significativo no número de mundos de tamaño pequeno coñecidos máis similares á Terra.
Os científicos teñen unha técnica estadística que se pode aplicar a moitos planetas á vez cando se atopan ante sistemas que albergan máis dun planeta arrededor da mesma estrela.
Para verificar esta abundancia de planetas, un equipo de investigación co-dirixido por Jack Lissauer (científico planetario do Centro de Investigación Ames da NASA en Moffett Field, California), analizou as estrelas con máis dun potencial planeta, todos eles foron detectados nos dous primeiros anos de observacións de Kepler (2009- 2011).
O equipo de investigación utilizou unha técnica chamada de verificación pola multiplicidade, que se basa en parte na lóxica da probabilidade.


Para leer a noticia: ABC.

martes, 25 de febreiro de 2014

O fragmento máis antigo da Terra: 4.400 millóns de anos

Imaxe: cristais de circón da rexión de Australia Occidental de fai 4.400 millóns de anos.

Este material da codia terrestre, foi achado en Australia e "só" ten 160 millóns de anos menos que o noso Sistema Solar.
Un equipo internacional de investigadores revela este domingo na revista Nature Geoscience datos que confirman que a primeira codia terrestre se formou fai polo menos 4.400 millóns de anos, "só" 160 millóns de anos despois do noso Sistema Solar.
Os achados do traballo (dirixido por John Valley, profesor de xeociencias da Universidade Wisconsin- Madison, EE.UU.), suxiren que o momento en que o noso planeta era unha bóla cuberta de lume nun océano de magma é anterior do que nos pensabamos.
Coa axuda dun pequeno fragmento de circón, extraido dun afloramento de rocha en Australia; estase a poñer máis atención a como o noso planeta se fixo habitable para a vida fai uns 4.400 millóns de anos.
O novo estudo confirma que os cristais de circón cristalizaron fai 4.400 millóns de anos. 
Valley e o seu grupo confirma agora que este é o material máis antigo coñecido formado na Terra.


Para leer toda a noticia: ABC.

A misteriosa enfermidade que desconcerta ós médicos en EE.UU.

En menos dun ano, un pequeno grupo de nenos foi ingresado en centros hospitalarios de California (EE.UU.), con síntomas moi parecidos á poliomielite, pero sen esa enfermidade.
Os pacientes tiñan debilidade ou unha parálise severa que apareceu con rapidez (as veces despois de problemas respiratorios).
Os escáneres realizados á medula espiñal mostraron danos similares ós que teñen os enfermos de polio.
Algúns pequenos, deron positivo en poliomielite, cando lle fixeron un despistaxe de enterovirus.
O sucedido non pasou desapercibido por médicos en EE.UU. que se presentaron nun encontro da Academia de Neuroloxía.
Algún dos pacientes desenvolveron parálise nas catro extremidades (a pesar de ser tratados non melloraron).
Estados Unidos está libre de polio, pero hai virus parecidos que tamén poden atacar o sistema nervioso e levar á parálise. Os especialistas non esperan que haxa unha epidemia deste virus, pero estas infeccións están consideradas como raras.
A polio é unha infección da infancia perigosa e temida.
Grazas os programas de vacinación global logrouse que a polio só sexa endémica en tres países: Afganistán, Nixeria e Paquistán.


Para leer toda a noticia: BBC.

domingo, 23 de febreiro de 2014

Unha nova «penicilina» poderá curar o 90 % dos casos de hepatites C

A combinación de tres novos fármacos que se aprobarán este ano en Europa supón unha revolución no tratamento da enfrmidade.
No ano aprobaranse en Europa tres novos fármacos contra a hepatite C cuxa combinación supón unha revolución no tratamento desta enfermidade. Esa é a razón polo que os hepatólogos da Asociación Española para o Estudo do Fígado (AEEH) piden ás autoridades españois acelerar a súa chegada.
O problema que hai con este virus é que permanece latente (os hepatólogos estiman que o 50% destes casos non están diagnosticados) e vai danando pouco a pouco o fígado ata provocar cancro.

O primeiro destes novos fármacos é o sofosvubir, que foi aprobado polas autoridades sanitarias europeas en xaneiro. E os outros dous Simeprevir e Daclatasvir obterán o visto bo en breve (son todos fármacos orais).
Este tratamento redúcese á metade (dun ano a 12 ou 24 semanas) e case sen efectos secundarios.

Para ver a noticia: La Voz de Galicia.

mércores, 19 de febreiro de 2014

O último avance en células nai, baixo sospeita.

O principio da reproducibilidade é o primeiro que fallou no traballo da bioloxía xaponesa Haruko Obokata, a última novidade en xeneración de células nai que se publicou con todos os honras en Nature (o pasado 29 de xaneiro).
Naqueles dous artigos Obokata describiu a posibilidade de crear células nai casi idénticas ás embrionarias cun método increíble sencillo (sumerxindo as células precursoras nun corto baño de ácido). Nunca se fixo este tipo de cousas con tanta facilidade. A reprogramación de células adultas supoñían ata entón añadir unha serie de factores que retrasaran o reloxo biolóxico das células para que perderan a diferenciación propia dun texido adulto.
Esta era a mellor maneira de ter material para a mediciña rexenerativa.
O Centro Riken de Kobe, anunciou a revisión do traballo da súa científica, o que, rapidamente, a propia revista Nature fixo eco. Tamén hai sospeitas sobre algunhas das imaxes usadas para ilustrar o artigo.
O agora sucedido sembrou dudas sobre traballos anteriores sobre a bioloxía xaponesa, tamén por usar imaxes duplicadas en publicacións previas (de 2011).

Toda a noticia en: El País