xoves, 12 de xuño de 2014

Como o aislamento extremo distorsiona a mente

Todos queremos ester sós de vez en cando para escapar dos colegas ou das multitudes, pero non sós "sós". Para a maioría, o aislamento socil prolongado é malo, especialmente para a mente.

Porque a mente se derrumba espectacularmente cando estamos realmente sós? Existe unha maneira de evitalo?

A soledade interfire nunha gran cantidade de funcións diarias do corpo, como os patróns do sono, a atención e o rozamento lóxico e verbal. O funcionamento destes efectos aún non é claro, pero sábese que o aislamento social xenera unha resposta inmune extrema (unha catarata de hormonas do estrés e inflamación).
Sen embargo, algúns dos efectos máis severos da soledade son mentais.
Para empezar, o aislamento confunde o noso sentido do tempo. En 1961, o xeólogo francés Michel Siffre conduciu unha expedición de dúas semanas para estudar un glacial subterráneo baixo os Alpes franceses e terminou quedándose dous meses, fascinado polos efectos da oscuridade na bioloxía humana. O realizar probas cos seus colaboradores na superficie (eles descubriron que lles tomou cinco minutos contar 120 segundos).
En 1993, Maurizio Montalbini, un sociólogo e entusiasta da espeleoloxía, pasou 366 días nunha gruta subterránea cerca de Pesaro (Italia) que foi diseñada pola NASA para simular misións espaciais. Ó sair de ela, estaba convencido de que só pasaran 219 días.
Os investigadores acharon que, na oscuridade, a maioría da xente se adapta a un ciclo de 48 h: 36 h de actividade e 12 h de sono. As razóns aún non están claras.

Toda a noticia en: BBC.

xoves, 5 de xuño de 2014

O implante dental máis antigo de Europa

O implante dental (terceiro pola esquerda) ocupaba o lugar dun incisivo superior.
No seu depósito de La Chêne (ó norte de Francia onde querían levantar vivendas), descubriron por azar catro cámaras funerarias. Nada máis abrir as tumbas, o equipo de arqueólogos que se trasladou ata o lugar do achado  encargouse de fotografiar todo ó detalle. Despois levaron os restos os seus laboratorios onde finalmente descubriron que se trataban de catro tumbas do siglo III a.C.

Fotografía realizada in situ
A medida que foron avanzando as investigacións, os expertos da Universidade de BUrdeos (Francia) desvelaron que os restos dunha das cámaras correspondían a unha xoven que morreu no ano 250 a.C. cando tiña uns 20 ou 30 anos. Ademáis, según os seus datos, todo apunta a que esta muller levaba o implante dental máis antigo que se descubriu ata agora en Europa occidental, tal e como publica a revista Antiquity.
O que acharon na excavación foron restos da xoven, brazaletes para embelecela e 32 dentes, entre eles un de metal. O investigador Seguir foi o que se deu de conta de que en lugar de 32 había 31. De feito utilizou as fotos tomadas durante a excavación para confirmar que o lugar onde debía haber un dente, en realidade o ocupaba un anaco de metal duns 2.4 centímetros de lonxitude.

Hai tres teorías:


1ª teoría: o dente puido romperse, quedando tan só a raíz por cuxo interior pasa un pequeno canal que se une ós nervios da encía. Para solventar a ausencia do dente colocouse nese canal o pequeno anaco de metal.
2ª teoría: o dente tería caído por completo, deixando así un vacío na encía que se substituíu polo anaco de metal.
3ª teoría: é a hipótese máis aceptada por Martín- Francés é que o anaco de metal se hubese introducido na mandíbula ó pouco tempo da morte da muller, xa que esta o puido perder en vida.

Gráfico da 1ª teoría
Gráfico da 2ª teoría







Gráfico da 3ª teoría
Toda a noticia en: ElMundo.

mércores, 4 de xuño de 2014

'Mega-Terra': o 'Godzilla' dos planetas rochosos

Recreación artística da "Mega Terra"

Chámanlle "o Godzilla das Terras". É un mundo rochoso 17 veces máis grande que o noso planeta, descuberto fora do noso Sistema Solar.

Esta "Mega Terra" sorprendeu ós astrónomos do Instituto Harvard-Smithsonian que a hachou, xa que incumple as teorías actuais sobre a información de planetas. Ata agora supoñíase que un planeta de dimensións tan xigantescas, captaba tanto gas hidróxeno durante a súa formación que se convertía nun xigante gaseoso similar a Xúpiter, pero este inmenso mundo rochoso invalidou esta idea.
O planeta cincunda unha estrela similar ó Sol unha vez, e atópase a uns 560 anos luz da Terra na constelación Draco. Como o seu nome indica, Kepler-10c foi descuberto orixinalmente pola nave espacial Kepler da NASA, a sonda que busca planetas fora do Sistema Solar a través do método do tránsito (detectan a atenuación dunha estrela cando o planeta pasa por diante dela).
Mediante a mediación da cantidade de atenuación, os astrónomos poden calcular o tamaño físico do planeta ou diámetro. Sen embargo, Kepler non pode decir si un planeta é rochoso ou gaseoso.
Según determina o traballo, que acaba de presentarse ante a Sociedade Astronómica Americana (AAS), Kepler-10c ten un diámetro de cerca de 29.000 kilómetros, 2'3 veces máis grande que a Terra. Polo que en un pricipio creuse que se trataba dun exemplo de "mini-Neptunos", que teñen "carcasa" grosa, pero son gaseosos.
Para levar a cabo este traballo, o equipo usou o instrumetno HARP-North no Telescopio Nazionale Galileo (TNG) nas illas Canarias para medir a masa de Kepler-10c.
Os expertos indicaron que as teorías de formación de planetas non poden explicar como se puido formar un mundo rochoso tan grande. Tamén señalaron que o descubrimento de Kepler-10c ten profundas implicacións para a historia do Universo e a posibilidade de vida.

Para ler toda a noticia: ElMundo.

venres, 30 de maio de 2014

Almorzar tódolos días e dormir o suficiente, claves para combatir o sobrepeso dos nenos españois

Os expertos están preocupados porque este mal afecta xa ó 44.5% dos rapaces de 6 e 9 anos.

Según os datos do estudo Aladino realizado polo Ministerio de Sanidade fai uns anos, unicamente o 3.8% dos nenos realiza un almorzo completo e precisamente o maior porcentaxe de obesidade está entre os que non almorzan ou o facían menos de 3 veces a semana.

Os expertos consideran que o almorzo dos nenos debe incluir un lácteo, un cereal e unha fruto ou xume natural. Sin embargo, actualmente estímase que un 21.2% dos nenos toma só leite ou un producto lácteo e só o 8.8% inclúe fruta ou xume natural.
Tamén se observa unha asociación entre o sobrepeso e a comida central do día, xa que os nenos con obesidade realizaban preferentemente esta comida na súa casa (60.8%) e non no colexio.
Por eso, é recomendable consumir tres pezas de fruta ó día, incluír verduras en comid e cena, tomar legumes 2-3 veces á semana, comer cereais e peixe azul e blanco. Hai que evitar o abuso dos doces, aperitivos de bolsa, galletas, pasteis e bollería industrial, algo que máis do 70% dos nenos consume entre unha e tres veces por semana.
Este estudo tamén revelou como as horas de sono inflúe no peso dos menores, xa que os nenos con exceso de peso dedican significativamente menos horas a dormir, tanto os días laborais como os fins de semana. Entre os nenos que durmen menos de 8 horas diarias o 60% tiña sobrepeso ou obesidade.
Os expertos recomendan dormir entre 6 e 8 horas.

Toda a noticia en: La Voz de Galicia.

xoves, 29 de maio de 2014

O último lugar habitable en Marte?

O monte Arsia, o terceiro volcán máis grande de Marte, pudo ser unha das últimas zoas habitables do planeta.
A idea común é que Marte (planeta xemelgo da Terra), conseguiu "fabricar" seres vivintes practicamente ó mesmo tempo que o noso mundo, é dicir, fai casi 4.000 millóns de anos.
Despois, as condicións do Plantea Vermello fóronse deteriorando ata que a vida, polo que sabemos, desapareceu ó mesmo tempo que prosperaba na Terra. De feito, os datos dispoñibles apuntan a que as condicións primitivas de Marte eran idóneas para a vida, aunque ata agora non fomos capaces de encontrala.
Pero, se nalgún sitio concreto logrou "manterse" habitada durante máis tempo?
Esta é, precisamente, a idea que defende un grupo de investigadores norteamericanos da Universidade de Brown. Según un estudo recén publicado na revista Icarus, as escarpadas pendentes dun volcán marciano xigante, antiguamenete cuberto de xeo, puideron ser un dos últimos escenarios habitables de Marte. Desde logo, o máis recente descuberto ata agora.
O monte Arsia é dous veces máis alto que o Everest. Non en van, é o terceiro volcán máis alto de Marte e un dos maiores que existen en todo o Sistema Solar.
Este novo análise da súa orografía e da clase de terreno que hai ó seu alrededor mostra claramente que varias erupcións no seu franco noroeste sucedendo xusto a tempo que un gran glaciar cubría toda a rexión, fai uns 210 millóns de anos.
O calor destas erupcións debeu de fundir enormes cantidades de xeo e formar lagos glaciais, como enormes burbullas de auga líquida atrapadas no interior dun gran cubo de xeo.

Toda a noticia: ABC.

domingo, 25 de maio de 2014

A diabetes dana máis o corazón das mulleres que o dos homes

As diabéticas tiñan casi tres veces máis probabilidades de desarrollar enfermidades coronarias que as que non tiñan diabetes, mentras que nos homes o risco era do dobre.

As mullleres con diabetes teñen un 44% máis de probabilidades de desarrollar enfermidades cardiacas coronarias que os homes con daietes, independientemente das diferenzas de sexo nos niveis doutros factores importantes de risco cardiovascular. Isto dio un estudo que se publica en "Diabetología" e que analizando datos de máisde 850.000 persoas (datos que se remontan casi 50 anos, de 1966 a 2011 e proceden de 64 estudios). Según a información, as mulleres con diabetes tiñan casi tres veces máis probabilidades de desarrollar enfermidades coronarias que aquelas que non tiñan diabetes, mentras que os homes, tiñan un risco do dobre.
Os autores, Rachel Huxley da Universidade de Queensland (Australia), Sanne Peters da Universidade de Cambridge (Reino Unido) e do Centro Médico da Universidade de Utrecht (Holanda) e o profesor Mark Woodward do Instituto George para a Salud Global (Australia), afirman que é o estudo máis grande deste tipo e respalda os hachados de análisis máis pequenos, incluíndo un menor número de estudos que mostraron un 46% máis de risco de morir por enfermidades do corazón nas mulleres con diabetes en comparación cos homes con diabetes.

Para previr a diabetes aquí vos deixo un cadro con recomendacións:



Para ler toda a noticia: ABC.

A enerxía nas nosas vidas

Esta presentación fixemola unha compañeira e eu para CCMC, trata o tema da Enerxía nas nosas vidas. Nela dicimos que é a enerxía, as fontes renovables que hai, tipos de centrais e as fontes de enerxía para o futuro. Espero que vos guste!!
Traballo feito con Antía.

venres, 23 de maio de 2014

Atrapar o parásito nas células: unha nova vía de previr a malaria

Gráfico da malaria no mundo.

Un estudo presenta unha vía para bloquear a saida do "Plasmodium falciparum" da célula unha vez que entrou nos glóbulos vermellos.

O recente descubrimento dunha proteína esencial no proceso infectivo do parásito da malaria pode ser unha das pezas do puzzle que faltaban para poder deseñar unha vacuna eficaz contra esta enfermidade infecciosa. Tal e como se describe nun artículo que se publica na revista Science os investigadores do Hospital de Rhode Island (EE.UU), descubriuse a proteína imprescindible para que o parásito que causa a malaria, o Plasmodium falciparum, escape do interior dos glóbulos vermellos. Según os autores do estudio, os anticorpos dirixidos contra esta proteína atrapan o parásito dentro dos glóbulos vermellos ou hematíes, polo que podrían ser moi útiles no desarrollo dunha vacuna.
A malaria é unha enfermidade que se transmite a través da picadura dun mosquito que ataca de noite, polo que pode ser previda a través do uso de repelentes e de mosquiteiras impregnadas con insecticida.
Só no 2013 rexistráronse casos de malaria en 97 países, polo que se clacula que no mundo 3.400 millóns de persoas está en risco de contraer a enfermidade, e deles, 1.200 millóns teñen un "alto risco" de contaxio. Calcúlase que na África subsahariana e o sudeste de Asia, a enfermidade mata a un rapaz cada 15 segundos ó ano.

Para leer toda a noticia: ABC.

xoves, 22 de maio de 2014

Achan a receta para convertir luz en materia

Científicos en Reino Unido descubriron un método sorprendentemente directo para transformar luz en materia.

O diseño, publicado na revista especializada Nature Photonics, adapta tecnoloxía usada en investigación sobre a fusión nuclear e pode ser implementado en instalacións que xa existen en Reino Unido.
Agora varias localizacións poderían competir para convertir por primeira vez fotóns (partículas portadoras de radiación electromagnética) en positróns e electróns (partículas subatómicas concargas eléctricas positivas e negativas).
Esto pobraría unha vella teoría de fai 80 anos dos científicos Gregory Breit e John A. Wheeler, quenes pensaban que era imposible conseguir unha proba física do seu postulado.
Agora, de acordo con investigadores da universidade británica imperial College London, esa proba está ó alcance da man.
O profesor Steven Rose e o seu estudante, Oliver Pike, dixeron que se podría conseguir nun ano.
Se este experimento se fai realidade, será a última peza nun rompecabezas que comezou en 1905, cando Albert Einstein reparou o efecto fotoeléctrico co seu modelo da luz como partícula.
Pero a predicción teórica de Breit e Wheeler do oposto (que dous fotóns poden chocar xuntos e producir materia) foi difícil de observar na práctica.


Podedes leer toda a noticia en: BBC.

mércores, 7 de maio de 2014

A galaxia "fantasma" que non fabrica estrelas

Esta imaxe trátase dunha valiosísima "foto" dun Universo antigo e primitivo.



É unha galaxia fantasma. Nela fai moito tempo que non nacen novas estrelas, e as poucas que hai proceden da primeira fornada de produción estelar, moi cerca dos tempos afastados do Big Bang.

Segue 1 é un exemplar galáctico único, un auténtico fósil vivente no que a evolución clásica das demáis galaxias nunca chegou a producirse. Por eso é unha valiosísima "foto" dun Universo antigo e primitivo. Esta foto contén unha gran cantidade de secretos.
Segue 1 durme a 75.000 anos luz de nós, o que equivale ó vecindario da Vía Láctea, e suma toda unha colección de propiedades extrañas: é a galaxia máis débil xamais detectada polo home, ten unha composición química do máis peculiar, case carente por completo de elementos metálicos...
Agora, un grupo de investigadores do Massachussetts Institute of Technology (MIT), a Universidade de California e a Carnegie Institution of Science, conseguiron analizar en profundidade esa inusual composición e descubriron novas pistas sobre como evolucionaron as galaxias nas primeiras etapas do Universo. Neste caso, sobre a falta de evolución de Segue 1. A revista Astrophysical Journal esta semana dedicoulle un amplo estudo. 
Según os estudos, en Segue 1 o proceso de formación estelar detívose por completo no que normalmente sería unha fase temprana do desarrollo da galaxia.
Grazas a este fracaso, Segue 1 contén información moi valiosa sobre as condicións que reinaban no Universo moi pouco tempo despois do Big Bang.


Toda a noticia podedela ler en: ABC.

mércores, 30 de abril de 2014

Un planeta diamante

Este planeta atópase a 40 anos luz do noso planeta. O que sorprende deste planeta é que a súa superficie está cuberta dunha preciosa forma de carbono.
O planeta chámase 55 Cancri e, é unha superterra que orbita nunha estrela similar ó Sol e cuxa superficie está cuberta de grafito e diamante.
Aquí vos deixo un vídeo que explica todo o que debemos saber:

Esta noticia saqueina do seguinte enlace: ABC.

Un lugar onde se libra unha batalla contra a malaria

O noso mellor fármaco para combater a malaria, está perdendo a súa efectividade nunha pequena rexión do sudeste asiático. 

O que suceda a continuación será decisivo para o destino de millóns de persoas.


Nosten é un experto francés en malaria a nivel mundial.
En Hka Naw Tah (hai aproximadamente 400 habitantes), é onde está Nosten para erradicar completamente a malaria deste rincón do planeta. 
A malaria está causada por uns parásitos unicelulares chamado Plasmodium. Estes parásitos propáganse entre a xente a través da picadura de mosquito. Primeiro invaden o fígado e logo os glóbulos vermellos.
Os primeiros síntomas son xenéricos e parecidos á influenza: febre, dores de cabeza, sudor, escalofríos e vómitos. Neste punto, o sistema inmunolóxico xeralemente pon fin á infección.
Sen embargo, se os parásitos se propagan polos riñóns, pulmóns e o cerebro, as cousas empezan a ir mal con rapidez. Os órganos comezan a fallar e os glóbulos vermellos taponan os vasos sanguíneos do cerebro, privando o cerebro de osíxeno e desencadeando ataques, pérdidas do coñecemento e a morte.
Cando Nosten chegou por primeira vez ó sudeste asiático (fai casi 30 anos), a malaria era a principal causa de morte da rexión. Pero a artemisina cambiouno todo.
Esta droga sorprendentemente veloz e eficaz chegou a escena en 1994, cando se estaban agotando as opcións para tratar a malaria.
Sen embargo, Nosten non ten tempo para celebracións. A artemisina solía eliminar o P. falciparum nun día; agora, fan falta varios días. Este parásito está xenereando resistencia. 
Durante décadas atacamos a malaria cunha nova droga e, agora ela estanos contraatacando cunha resposta evolutiva.
Toda a noticia podedela leer aquí: BBC.

martes, 22 de abril de 2014

Hidrato de metano, a enerxía oculta no xeo

O mundo é adicto ós hidrocarburos e non é dificil saber por que: baratos, abundantes e faciles de extraer.
Os hidrocarburos, representan unha gran fonte de enerxía para o desarrollo industrial en todo o mundo.
Pero, ten efectos colaterais que son parcialmente devastadores. A combustión de combustibles fósiles emite CO2 vinculado ó quentamento global.

Como o acceso ás reservas de petroleo, carbón e gas é cada vez máis difícil, os gobernos buscan alternativas non só para producir enerxía se non para conseguir o santo grial de todos os estados soberanos: a independencia enerxética.
Algúns descubriron un potencial salvador encerrado baixo profundos leitos mariños e extensas franxas de permaxeo. Ese material é un hidrocarburo, pero diferente a todos os que coñecemos.
Os hidratos de metano preséntanse como cristais de xeo con gas metano natural encapsulado no seu interior.
Fórmanse por unha combinación de baixas temperaturas e alta presión. Estes cristais atópanse principalmente nos bordes das plataformas continentais onde o leito mariño se precipita abruptamente hacia o profundo chan oceánico.


Para leer toda a noticia: BBC

venres, 28 de marzo de 2014

Implantan un cráneo elaborado cunha impresora 3D a unha holandesa de 22 anos

Unha xoven holandesa foi a primeira paciente á que lle implantaron un cráneo 3D no Hospital Universitario de Utrecht.
A paciente, estaba afectada por unha enfermidade dos osos que lle facía aumentar o tamaño do cráneo; a muller, non tiña outra alternativa porque a presión do oso sobre o cerebro acabaria coa súa vida.
Os síntomas que padecía eran problemas coa vista e fortes dores de cabeza. Grazas a esta operación eses problemas desapareceron por completo; a tecnoloxía 3D, permite reproducións exactas, por iso foi posible implantar o cráneo enteiro.
Agora a paciente pode facer vida normal sen controis exhastivos, entre outras cousas porque o implante craneal ten un carácter permanente. As medidas da caixa craneal foron tomadas por un escáner de tres dimensións e esa información foi pasada á impresora 3D, que reproduciu o cráneo da muller. A impresora usou "plástico normal e corrente", ese plástico é moi duro.
Ata a fecha, os implantes de cráneo viñanse realizando de maneira parcial e con materiais como o titanio. Según o ciruxano que operou a esta holandesa: "todas as reparacións de cráneo deixan de ter fronteiras".


Para leer a noticia enteira en: LaSexta.

Fabrican un cromosoma sintético nunha célula de levadura


É a primeira vez que se logra producir ADN nunha célula complexa.
Este descubrimento abre a porta á posibilidade de producir alimentos, fármacos e biocombustibles con xens artificias que realizarían funcións programadas polo ser humano.
Boeke (que acaba de cambiar o seu posto na Jonhs Hopkins pola dirección do Centro Médico Langone da Universidade de Nova York) e Chandrasegaran acaban de crear o primeiro cromosoma complexo fabricado desde cero no laboratorio e demostraron que cumple as mesmas funcións que un natural e que non interfire na vida normal da levadura do pan (que usaron como modelo). O traballo foi publicado na revista "Science", este descubrimento abre a porta ó diseño do microorganismos capaces de producir biocombustibles, vacunas e máis compostos usados pola industria química.

A gran aportación de Jef Boeke é precisamente que "o seu" cromosoma difire en gran medida o que a Selección Natural tallou durante todo este tempo. 



Para leer toda a noticia: ElMundo.

xoves, 27 de febreiro de 2014

A NASA confirma o descubrimento de 715 novos planetas

Estes planetas foron detectados pola nave Kepler, algúns de eles forman parte de sistemas solares parecidos o noso.
A misión Kepler da NASA anunciou o descubrimento dun botín planetario con nada menos que 715 novos mundos extrasolares. Estos planetas orbitan 305 estrelas, o que revela que conforman sistemas con múltiples planetas moi parecidos o noso.
Casi o 95% destos planetas son máis pequenos que Neptuno (o que ten casi catro veces o tamaño da Terra). Este descubrimento marca o aumento significativo no número de mundos de tamaño pequeno coñecidos máis similares á Terra.
Os científicos teñen unha técnica estadística que se pode aplicar a moitos planetas á vez cando se atopan ante sistemas que albergan máis dun planeta arrededor da mesma estrela.
Para verificar esta abundancia de planetas, un equipo de investigación co-dirixido por Jack Lissauer (científico planetario do Centro de Investigación Ames da NASA en Moffett Field, California), analizou as estrelas con máis dun potencial planeta, todos eles foron detectados nos dous primeiros anos de observacións de Kepler (2009- 2011).
O equipo de investigación utilizou unha técnica chamada de verificación pola multiplicidade, que se basa en parte na lóxica da probabilidade.


Para leer a noticia: ABC.

martes, 25 de febreiro de 2014

O fragmento máis antigo da Terra: 4.400 millóns de anos

Imaxe: cristais de circón da rexión de Australia Occidental de fai 4.400 millóns de anos.

Este material da codia terrestre, foi achado en Australia e "só" ten 160 millóns de anos menos que o noso Sistema Solar.
Un equipo internacional de investigadores revela este domingo na revista Nature Geoscience datos que confirman que a primeira codia terrestre se formou fai polo menos 4.400 millóns de anos, "só" 160 millóns de anos despois do noso Sistema Solar.
Os achados do traballo (dirixido por John Valley, profesor de xeociencias da Universidade Wisconsin- Madison, EE.UU.), suxiren que o momento en que o noso planeta era unha bóla cuberta de lume nun océano de magma é anterior do que nos pensabamos.
Coa axuda dun pequeno fragmento de circón, extraido dun afloramento de rocha en Australia; estase a poñer máis atención a como o noso planeta se fixo habitable para a vida fai uns 4.400 millóns de anos.
O novo estudo confirma que os cristais de circón cristalizaron fai 4.400 millóns de anos. 
Valley e o seu grupo confirma agora que este é o material máis antigo coñecido formado na Terra.


Para leer toda a noticia: ABC.

A misteriosa enfermidade que desconcerta ós médicos en EE.UU.

En menos dun ano, un pequeno grupo de nenos foi ingresado en centros hospitalarios de California (EE.UU.), con síntomas moi parecidos á poliomielite, pero sen esa enfermidade.
Os pacientes tiñan debilidade ou unha parálise severa que apareceu con rapidez (as veces despois de problemas respiratorios).
Os escáneres realizados á medula espiñal mostraron danos similares ós que teñen os enfermos de polio.
Algúns pequenos, deron positivo en poliomielite, cando lle fixeron un despistaxe de enterovirus.
O sucedido non pasou desapercibido por médicos en EE.UU. que se presentaron nun encontro da Academia de Neuroloxía.
Algún dos pacientes desenvolveron parálise nas catro extremidades (a pesar de ser tratados non melloraron).
Estados Unidos está libre de polio, pero hai virus parecidos que tamén poden atacar o sistema nervioso e levar á parálise. Os especialistas non esperan que haxa unha epidemia deste virus, pero estas infeccións están consideradas como raras.
A polio é unha infección da infancia perigosa e temida.
Grazas os programas de vacinación global logrouse que a polio só sexa endémica en tres países: Afganistán, Nixeria e Paquistán.


Para leer toda a noticia: BBC.

domingo, 23 de febreiro de 2014

Unha nova «penicilina» poderá curar o 90 % dos casos de hepatites C

A combinación de tres novos fármacos que se aprobarán este ano en Europa supón unha revolución no tratamento da enfrmidade.
No ano aprobaranse en Europa tres novos fármacos contra a hepatite C cuxa combinación supón unha revolución no tratamento desta enfermidade. Esa é a razón polo que os hepatólogos da Asociación Española para o Estudo do Fígado (AEEH) piden ás autoridades españois acelerar a súa chegada.
O problema que hai con este virus é que permanece latente (os hepatólogos estiman que o 50% destes casos non están diagnosticados) e vai danando pouco a pouco o fígado ata provocar cancro.

O primeiro destes novos fármacos é o sofosvubir, que foi aprobado polas autoridades sanitarias europeas en xaneiro. E os outros dous Simeprevir e Daclatasvir obterán o visto bo en breve (son todos fármacos orais).
Este tratamento redúcese á metade (dun ano a 12 ou 24 semanas) e case sen efectos secundarios.

Para ver a noticia: La Voz de Galicia.

mércores, 19 de febreiro de 2014

O último avance en células nai, baixo sospeita.

O principio da reproducibilidade é o primeiro que fallou no traballo da bioloxía xaponesa Haruko Obokata, a última novidade en xeneración de células nai que se publicou con todos os honras en Nature (o pasado 29 de xaneiro).
Naqueles dous artigos Obokata describiu a posibilidade de crear células nai casi idénticas ás embrionarias cun método increíble sencillo (sumerxindo as células precursoras nun corto baño de ácido). Nunca se fixo este tipo de cousas con tanta facilidade. A reprogramación de células adultas supoñían ata entón añadir unha serie de factores que retrasaran o reloxo biolóxico das células para que perderan a diferenciación propia dun texido adulto.
Esta era a mellor maneira de ter material para a mediciña rexenerativa.
O Centro Riken de Kobe, anunciou a revisión do traballo da súa científica, o que, rapidamente, a propia revista Nature fixo eco. Tamén hai sospeitas sobre algunhas das imaxes usadas para ilustrar o artigo.
O agora sucedido sembrou dudas sobre traballos anteriores sobre a bioloxía xaponesa, tamén por usar imaxes duplicadas en publicacións previas (de 2011).

Toda a noticia en: El País

xoves, 13 de febreiro de 2014

O xel que repara o corazón tras un infarto

Tras un ataque cardíaco é vital reducir o dano da lesión. Un novo hidroxel podría mellorar os resultados actuais.
Unha única inxección dun xel especial podría no futuro sustituír ós medicamentos que actualmente se emplean para evitar o dano cardíaco nos pacientes que sufriron un ataque ó corazón.
Este novo producto, libera lentamente un inhibidor dunha proteína natural que se dirixe específicamente ó texido que precisa tratamento e, desta forma, respecta o texido sano.
Os autores deste hallazgo (que se publica en Science of Translational Medicine), sostén que o hidroxel, ó ser tan selectivo, non só pode ser máis eficaz, senon que ademáis provoca menos efectos secundarios que os medicamentos que emplean actualmente para previr a insuficiencia cardíaca (que se administran por vía oral).
A técnica do hidroxel desenvolvido polo equipo de Sahina Eckhouse (da Universidade de Carolina do Sur, en EE.UU), ten como obxectivo restablecer o equilibrio entre as MMPs e TIMPs para deter así a inflamación do corazón.
Antes de votar                   Despois de votar
o hidroxel :                        o hidroxel:












Para leer toda a noticia pasate por: ABC.

Derrame cerebral: moito peor nas mulleres

Un estudio indica que as mulleres teñen peor calidade de vida cos homes despois de sufrir un derrame cerebral.
A investigación estadounidense, publicada na revista Neurology, estudou a saúde mental e física de 1.370 pacientes ós tres meses e un ano despois de haber sufrido un derrame cerebral.
As mulleres presentaron maior depresión e ansiedade, dor e malestar. Tamén unha mobilidade máis limitada.
A calidade de vida calcúlase mediante unha fórmula que evalúa a movilidade, o cuidado persoal, as actividades cotidias, a depresión ou ansiedade e a dor.
Os expertos de Reino Unido dín que as mulleres tenden a padecer accidentes cardiovasculares a maior idade que os homes. E que por iso poden necesitar maior coidado.
O estudo tamén señala que grazas ás melloras nos tratamentos e a prevención, máis persoas sobreviven na actualidade a un derrame cerebral, que quenes o sufrían fai 10 anos.

Para leer toda a noticia: BBC

martes, 11 de febreiro de 2014

A estrela máis antiga, dá pistas sobre o orixe do Universo

No rastreo dos orixes do Universo, un grupo de científicos da Universidade Nacional de Australia (ANU), encontrouse coa estrela máis antiga observada ata agora (formaríase un pouco despois do Big Bang) fai 13.600 millóns de anos.
Este tema non é só un asunto de idade, se non que tamén é un tema de química.
Según Stefan Keller (o líder da investigación na ANU), o estudo da pegada química desta antiga estrela, chamada SMSS 0313-6708, permítelles ós científicos ter unha idea máis clara de como foi o universo na súa "infancia".
Esta estrela foi detectada usando o telescopio SkyMapper (ubicado no observatoio de Siding Spring, en Australia). Unha das revelacións que deu a observación desta antiga estrela foi o seu tamaño e a súa composición en relación co Sol.
O resultado destas observación podrían resolver as discrepancias de longa data entre as observacións e as predicións acerca do Big Bang.

Para leer a noticia enteira: BBC.

Neutrinos masivos resolven unha incógnita cosmolóxica

Os investigadores miden por primeira vez con precisión estas escurridizas partículas e dín que teñen cinco veces máis de masa do que se creía, o que explicaría algún enigma do Universo.
O pasado mes de novembro, un inmenso detector enterrado no xeo da Antártida lograba rexistrar por primeira vez neutrinos de alta enerxía de orixen extraterrestre. Tratabase de todo un logro, xa que non ten masa e apenas interaccionan coa materias, polo que son moi difíciles de detectar. Por primeira vez, un grupo de científicos británicos foron capaces de medir con precisión a masa desta escurridiza partícula elemental e, para a súa sorpresa, descubriron que é cinco veces maior do que se estimaba ata agora.
Os resultados axudan a resolver importantes contradiccións do actual modelo estándar da cosmoloxía.

Se queredes leer toda a noticia aquí vos deixo o enlace: ABC.

xoves, 6 de febreiro de 2014

Radiografía da mortalidade


Nesta noticia, que nos mandou leer a nosa profesora de CCMC; tratan un tema bastante importante. Ese tema é o aumento da mortalidade en España.

Según a noticia, en España, a mortalidade aumentou; mentres que no ano 2010 disminuíra a mortalidade ata os 829 por 100.000 habitantes; nos anos 2011-2012 a mortalidade foi aumentando. Ese aumento da mortalidade non se debe a unha epidemia, nin a unha ola de calor, nin a unha gripe especialmente preocupante.
Dar unha explicación a este aumento da mortalidade non é tarea fácil.
A primeira explicación de Ildefonso Hernández (membro da Asociación Española de Epidemiología) é que se debe ó paulatino e crecente envellecemento da poboación. Desde o comenzo da crisis o cambio da pirámide poblacional acentuouse pola saída de estranxeiros, un grupo xoven de poboación máis xoven e que soen ter máis rapaces.


Se vos interesa a noticia aquí vos deixo o enlace: El Pais

martes, 4 de febreiro de 2014

A supernova 2014J no seu máximo esplendor

Esta supernova morreu fai 12 millóns de anos, pero a luz do violento final dunha estrela recén, agora acércase á Terra. O domingo 2 de febreiro alcanzou o seu máximo esplendor.  
O espectáculo que ofrece no ceo a supernova 2014J, descuberta o pasado 21 de xaneiro, tiña a varios astrónomos profesionais e aficionados de todo o mundo alborotados, posto que era unha rara oportunidade de observar a explosión dunha estrela nunha galaxia cercana.
O luminoso evento foi avistado na Galaxia do Cogarro o Messier 82 (M82), unha galaxia que se consdera "veciña" (a uns 12 millóns de anos luz), e que é unha das preferidas polos amantes da observación estelar porque ten un activo centro de formación masiva de estrelas, tal como reporta a revista especializada Sky&Telescope.
Steve Fossey (astrónomo e profesor de University College London (UCL) en Reino Unido), descubriuna cando estaba observando a M82 xunto a un grupo de estudantes e cun modesto telescopio de 35 cm.

Para leer toda a noticia ir a BBC.

martes, 28 de xaneiro de 2014

Descubren un río de hidróxeno

Un débil filamento de gas diríxese hacía a cercana galaxia NGC 6946 e pode axudar a explicar a formación das estrelas.
Astrónomos da estadounidense Universidade de West Virginia descubríron unha especie de río de hidróxeno nunca antes visto que flúe a través do espacio. Este filamento de gas moi débil diríxese hacia a cercana galaxia NGC 6946 e pode axudar a explicar como algunhas galaxias espirais manteñen o seu ritmo constante de formación de estrelas.
As galaxias espirais (como a Vía Láctea), teñen un ritmo tranquilo pero constante de formación de estrelas. Outras como a NGC 6946 ( a 22 millóns de anos luz da Terra, na fronteira das constelacións Cepheus e Cygnus) son moito máis activos. Esto plantea a cuestión do que impulsa a formación sostida de estrelas na nosa galaxia e outras similares.


Neste enlace pódese mirar a noticia enteira: ABC.

Holaa de novoooo!!!

Hola de novo a todos!! 

Esta é a primeira entrada deste ano. Nesta entrada non vou a poñer ningunha noticia xa que só é unha entrada para darvos un saúdo a todos!! 
Espero que sigades visitando o meu blog e que as noticias que vos poña vos gusten e vos parezcan interesantes.